Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Solidariedade musical dende a Mostra do Encaixe para investigar a ataxia

Camariñas. A programación da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña incluirá os concertos solidarios do Combo Dominicano e Irma Macías, que estarán en Semana Santa en Camariñas co obxectivo de recadar fondos para a investigación da ataxia.

Tanto a orquestra, que actuará na clausura, como a cantante vimiancesa e vocalista de Luar na Lubre, que participará na xornada inaugural acompañada do guitarrista Xaquín Rama, doarán a asociación Stop Fa, unha entidade que aglutina a persoas afectadas por esta doenza a nivel nacional, os cartos que paga o Concello pola súa actuación para contribuír a continuar coa investigación para avanzar no tratamento da enfermidade.

Esta iniciativa sae a raíz da petición que María Jesús González Souto, nai dun rapaz con ataxia e integrante de Stop Fa, fixo á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, para articular algunha vía para recadar fondos. “Todos temos claro que a Mostra do Encaixe de Camariñas é artesanía, tradición, moda ou vangarda, pero tamén é solidariedade, e por iso decidimos poñer o noso gran de area para botar unha man a estas familias que están a sufrir tanto pola falta de avances na investigación”, explica a rexedora.

María Jesús González adianta que, durante os 5 días da Mostra, terán un stand no que se poderán comprar diferentes prendas, produtos, rifas ou facer donativos dirixidos a Stop Fa. Ademais, o Concello aportou un chal de encaixe, que se venderá neste posto solidario.

01 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.