Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sorteando barreiras a prol das mulleres do medio rural con diversidade

Íntegro e a Xunta prestan apoio a máis de corenta veciñas da Costa da Morte

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do alcalde de Cabana, José Muíño, visitou as dependencias da Asociación Íntegro, onde funciona, dende o ano 2016, un Punto de Intervención á Muller con Diversidade Funcional (PIMD Rural) que conta con máis de 40 beneficiarias.

Neste tempo, a Xunta destinou case 181.000 € para promover medidas de loita contra a discriminación e desigualdade de oportunidades que sofre este colectivo; ademais de desenvolver actividades para facilitar o fortalecemento das mulleres do rural, contribuíndo á súa autonomía persoal e independencia.

“Se hai un colectivo que se atopa nunha situación de maior vulnerabilidade son as mulleres con discapacidade do rural, que sofren unha dobre ou mesmo tripla discriminación: por razón de xénero, de discapacidade e de falta de acceso a recursos e servizos minoritarios no medio rural”, resaltou a conselleira.

O Punto de Intervención ofrece información sobre programas e accións específicas, prestando apoio, por exemplo, en cuestións como a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas así como competencias para a mellora do perfil profesional. Tamén ofrecen asesoramento para incentivar a participación na vida en sociedade, atención psicolóxica e mediación familiar, sen esquecer as actividades de prevención da violencia de xénero.

Na actualidade máis de 40 veciñas de Cabana, Ponteceso, Laxe e Malpica participan no programa. O PIMD conta cunha psicóloga, unha terapeuta ocupacional, unha traballadora social e unha monitora de talleres. Basea a súa actuación na cooperación entre entidades e os concellos, na mellora das actuacións previstas nos plans de igualdade e no reforzo da loita contra a discriminación e a desigualdade que sufre a muller con discapacidade.

“Iniciativas como o PIMD Rural posibilitan chegar a persoas que se atopan en situacións máis complicadas e desfavorecidas, prestando de maneira personalizada servizos de proximidade e dotando de novos recursos ao noso medio rural”, incidiu Lorenzana, quen felicitou a Íntegro por facer que as veciñas e veciños con discapacidade da Costa da Morte conten desde fai trinta anos “cun espazo inclusivo e que traballa día a día na defensa dos seus dereitos”. A entidade neste tempo, dixo, “non deixou de perseguir este fin, ofrecendo unha atención integral e adaptada ás necesidades de cada usuario e usuaria, e traballando para conseguir unha contorna máis acolledora que valorice á diversidade”.

03 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.