Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Conde e Rosa Quintana asistiron no porto muradán á demostración de Mar-2, un sistema automatizado mediante vehículos non tripulados que se encarga da súa medición // O programa realiza mostraxes na costa e nos encoros TEXTO María Cano

Tecnoloxía e innovación para garantir a calidade da auga

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, asistiron este martes no porto de Muros a unha demostración do programa Mar-2. Trátase dun sistema automatizado para a medición da calidade da auga, que é a primeira solución con vehículos non tripulados posta en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos.

Conde destacou que a Compra Pública Innovadora “foi a fórmula pola que apostou a Xunta e que fixo posible integrar as tecnoloxías non tripuladas e a prestación de servizos públicos”. Neste caso, utilízase un sistema automatizado de mostraxes oceanográficas que opera a través dun vehículo aéreo e dunha embarcación non tripuladas equipados con sistemas de medición da calidade da auga para a toma de mostras, cunha plataforma para a administración e almacenamento de datos.

Durante a demostración no porto muradán, Rosa Quintana subliñou a importancia de “incorporar as últimas tecnoloxías co obxectivo de facilitar o labor de estudo e control do medio mariño”. Nesta liña, incidiu en que esta solución permite a recollida de mostras e a medición de parámetros de calidade da auga de forma autónoma, “o que mellora o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)”.

Este tipo de dispositivos, segundo explicou a representante do Goberno autonómico, permiten unha recollida de datos máis intensiva, podendo actuar incluso en situacións de condicións meteorolóxicas e marítimas adversas. O obxectivo, segundo destacou a titular de Mar en funcións, “é mellorar os procesos na medida do posible e acadar unha maior eficiencia na realización dos labores de control e de seguimento do medio mariño de Galicia”.

Así, esta innovadora solución (desenvolvida por unha Unión Temporal de Empresas formada pola multinacional Indra e polas pemes galegas Sistemas, Soluciones y Proyectos de Información e Adantia) xa está plenamente integrada nas operativas de traballo do Intecmar, de Augas de Galicia e do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

O Intecmar coordina as mostraxes coa embarcación na ría de Muros-Noia e realízanse cunha frecuencia semanal. Augas de Galicia está a realizar, con carácter trimestral, tomas de mostra co vehículo aéreo non tripulado nos encoros de Eiras, Caldas, Portodemouros, Barrié de la Maza, Santa Uxía, Ribeira, Eume e Forcadas e na contorna da ría de Vigo, e o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia está a realizar a análise dos datos recibidos.

Tal e como explicou o conselleiro de Empresa e Innovación en funcións no acto que se levou a cabo en Muros, o Executivo galego está a destinar neste momento un total de 2,9 millóns de euros a solucións tecnolóxicas que se están despregando e incorporando na operativa dos servizos públicos da Xunta de Galicia e que se enmarcan dentro do primeiro período do Polo Aeroespacial.

Xunto co programa Mar-2 inclúense iniciativas como o inventario forestal e a detección de afectación por pragas forestais, solucións de cartografía e usos do solo.

O protagonista
“9,5 millóns para servizos de calidade”
Francisco Conde
Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
en funcións

Durante a demostración do programa Mar-2 que se levou a cabo no porto de Muros, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións destacou que a Xunta dedica 2,9 millóns de euros a o despregamento de solucións tecnolóxicas en distintos servizos públicos. Ademais, sinalou que “xa está aberta unha nova licitación, por 6,5 millóns de euros, para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras aplicadas ás emerxencias sanitarias, así como á xestión forestal e dos recursos mariños”.

En definitiva, destacou Conde, “un investimento total de 9,5 millóns de euros co que se quere aproveitar todas as vantaxes e solucións tecnolóxicas que ofrecen os vehículos non tripulados para servizos públicos de calidade que respondan ás necesidades do día a día”.

{ blanco o negro }
Motor económico
María Cano

el mar es el motor económico de la comarca de Muros-Noia, del que dependen miles de familias, por lo que la calidad del agua debe ser excelente. En esta zona se han vivido momentos de tensión por falta de análisis, especialmente en el fin de semana, teniendo que devolver al mar el marisco por no avisar a tiempo de la presencia de toxina, con las pérdidas económicas que ello conlleva. Por ello, es muy importante que desde la Xunta echen mano de las nuevas tecnologías para facilitar su estudio y controlar el medio marino. Pese a todo lo realizado en esta materia, destinar fondos a la innovación para mejorar la prestación de los servicios públicos y, en este caso, que beneficien directamente a las gentes del mar, sigue siendo necesario.

04 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.