Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Teresa gastou contrarreloxo e en oito tendas os mil euros do sorteo da patronal ribeirense

Asesorada por unha personal shopper, mercou roupa e calzado, fixo un tratamento facial e reservou mesa para xantar cos seus

En que gastaría vostede un premio de mil euros se tivese que facelo nun só día, en horario comercial, sen saír da localidade e cun tope de 150 € en cada establecemento?

Parece sinxelo, pero din os expertos que convén planificar a cousa e non deixarse levar polos impulsos se se quere sacarlle o máximo rendemento. A Teresa Pérez Pampín bastáronlle tres horas para gastar os mil euros que gañou no sorteo da patronal de Ribeira no marco da campaña do Día da Nai. En realidade, cando se puxo máns á obra ás once da mañá xa o tiña todo calculado, grazas ó asesoramento da personal shopper Mónica Pintos, un servizo que incluía o premio.

Teresa fixo a primeira compra en Calzados Horacio, a tenda na que lle entregaran o boleto que resultou premiado e onde foi atendida polas irmás Ángeles e Estrella Regos. Tras mercar alí tres pares de zapatos, pasou por Tocador de Mujer 21 para mercar un vestido. En Regalos O Capricho adquiriu uns xarróns para decorar o seu fogar, e en Zapataría Chaira mercou máis calzado. En Electrodomésticos Milar Sampedro, Teresa elixiu uns auriculares, unha plancha de cociña e outra da roupa.

Pero tamén tivo tempo para facerse un tratamento de beleza en Estética Hermi Cadaval. Finalmente, reservou mesa para xantar ca súa familia no restaurante El Gourmet Alján. E aínda lle sobraron cartos para tomar uns viños e unhas tapas na Vinoteca Abuela Gloria.

Ó inicio do seu itinerario polas rúas de Ribeira, Teresa estivo acompañada do edil de Comercio, Ramón Doval; o presidente da patronal, Francisco Martínez; e Pilar Soto, quen pola tarde impartiu na sede do colectivo empresarial unha charla sobre como crear un bo fondo de armario.

26 may 2022 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.