Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de arranxar as baldosas das beirarrúas”

Martín Bouzas

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

A verdade é que eu levo pouco tempo vivindo aquí, polo que de momento descoñezo as cousas a cambiar. O que si vexo é que hai baldosas que están levantadas nalgúns puntos das beirarrúas e iso sería algo que arranxaría, con todo, é un problema que adoita existir na maioría dos concellos, creo eu.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é o céntrico que está, porque eu teño a familia na zona de Padrón e atópome moi cerca, xa que en quince minutos estou alí. Tamén estamos a cinco minutos de Santiago, e adoito desprazarme para dar un paseo por alí. É certo que non me movo por falta de tendas aquí nin moito menos, soamente pola proximidade e para cambiar de aires. Tamén estou satisfeito coa cantidade de parques que temos, de feito, aínda están reformando un agora. Nese aspecto estamos moi ben surtidos no Milladoiro.

E o que peor leva?

O peor non sabería dicilo porque estou moi contento aquí e non sabería dicirche nada negativo. Temos todo tipo de servizos á man e desprazámonos rapidamente a calquera dos municipios darredor. Penso que é un lugar moi tranquilo e céntrico para vivir.

22 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.