Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Trataría de fomentar a lingua galega”

Iria Ramos, estudante

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, solteira, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

No que me centraría é en fomentar o uso da lingua galega, sobre todo nos rapaces máis pequenos. Noto que cada día se fala menos. Sería tamén bo que houbese clases públicas para ensinar o noso idioma ás persoas que veñen de fóra. Considero que non por ser doutro lugar lle temos que falar en castelán, xa que a única maneira de que aprendan é que lle falen en galego. Cando ti vas a Inglaterra non che falan castelán, aprendes a base de que se comuniquen contigo na súa lingua natal. Por outro lado, daríalle máis pulo ao comercio local porque aquí é imposible atopar roupa de certas marcas, polo que nos desprazamos a Santiago.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Sobre todo que está aquí a miña xente. Tamén temos bastantes actividades culturais. O outro día fun a un concerto no que actuaban tres grupos e gustoume moito.

E o que peor leva?

Pois o certo é que non che sabería dicir. Nada en concreto, a verdade.

28 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.