Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de mellorar os pasos de peóns”

Benjamín Touceda

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, casado e con dúas fillas, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O que faría máis urxentemente é arranxar as beirarrúas, e mellorar os pasos de peóns porque están algúns moi xuntos e outros demasiado espaciados.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é que é moi cómodo. É chan e tes todos os servizos. Hai un montón de parques, gardarías e si tes rapaces é moi cómodo porque non é o mesmo ter que ir cun carriño por subidas e baixadas que por unha zona chá. Tamén hai moitas actividades culturais: os campamentos de verán, as tardes divertidas... Asemade hai actividades deportivas como patinaxe, fútbol, e creo que tenis. Ademais estamos ben surtidos a nivel de tendas e servizos. Quizais faría falta algunha pescadaría, pero polo resto eu considero que temos de todo.

¿E o que peor leva?

Que se bota de menos máis limpeza de rúas e espazos comúns. Ao mellor tamén penso así porque as beirarrúas están moi vellas, e polo tanto moi escuras... e non se ve a limpeza, pero si. E, por suposto, teñen que arranxar as beirarrúas, posto que están levantadas moitas baldosas e iso é un perigo para todos os que van a pé. Son as principais pegas que vexo aquí.

16 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.