Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Trataría de publicitar as actividades”

María Nieves Figueira, educadora nun centro para persoas con discapacidade intelectual

Residente en Bertamiráns, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Antes ca nada o que faría é darlle máis pulo ao comercio local porque eu teño dúas nenas, de 11 e 13 anos, e o certo é que non hai moita tenda de roupa ou calzado aquí. Acabamos indo a Santiago porque aquí non resolves, sobre todo, con roupa de diario. Asemade tamén trataría de publicitar mellor as actividades culturais, porque hai bastantes pero non te enteras delas. Eu teño redes sociais, pero ao final chéganche os eventos case de casualidade.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A cercanía con Santiago e que é unha zona tranquila. Asemade ten uns edificios baixos, nada que ver co Milladoiro, que son moi altos e, polo tanto, xa parece máis cidade dormitorio e non é tan agradable. Ademais temos moitas zonas verdes e moita máis amplitude. Non pasa tampouco unha nacional, como no Milladoiro, polo que hai menos tráfico tamén.

E o que peor leva?

Que para facer moitas cousas tes que coller o coche e desplazarte, xa que carecemos dalgúns servizos. Por exemplo temos unha piscina pública, pero queda pequena para todos os que somos, e tamén o aparcamento é un pouco escaso.

29 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.