Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trazo encadena citas festivas con concerto de Treixadura incluído

Celebrouse Santa Eufemia e quedan a Romaría de San Mateo e o día de Santa Lucía

Trazo. O municipio de Trazo está de festa esta temporada e faino por todo o alto. O pasado venres 16 tivo lugar a Romaría de Santa Eufemia. A xornada arrancaba con misas (houbo turno tamén de tarde) e continuaba con música para todos os gustos. E é que o día estivo amenizado pola actuación da Charanga Santa Compaña e polas orquestras Alianza e Olympus.

A próxima cita está prevista para o mércores 21, día no que arranca a Romaría de San Mateo, unha das máis importantes da vila e na que os participantes poderán compartir unha comida popular de campo. Pola mañá haberá misas ás 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas e misa solemne ás 13.30. Este día terá tamén lugar a mediodía a lectura do pregón a cargo de Rosalía Morlán. Natural do concello, é escritora, enfermeira no Hospital de Conxo e profesora asociada de Ciencias da Saúde na Universidade de Santiago de Compostela. En palabras da alcaldesa, Josefina Suárez, “é unha pregoeira excelente, e a mellor embaixadora que Trazo pode ter”. Pola tarde as misas serán ás 18.00 e ás 19.00 horas. Neste caso a música correrá a cargo de Unión y Fuerza e Os Satélites.

A última fin de semana do mes de setembro continuarán as festas en Trazo co concerto de Treixadura que ten cita fixada na axenda local para o sábado 24 ás 22.00 horas no campo de Santa Eufemia (en Vilouchada). Nel poderase descubrir o seu novo disco Camiño Longo.

Xa o domingo 25 rematarán os festexos no municipio coa festa de Santa Lucía. Haberá misa solemne ás 13.30 e actuará Acordes. Dende o Goberno local lembran que as celebracións terán lugar no entorno da Catedral da Montaña. Organiza o Concello e colabora a Deputación no caso de Os Satélites. A. P.

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.