Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Mar de Santiago levou a unha ducia de persoas a percorrer o roteiro fluvial e visitar o Museo de Historia atraídos pola figura da Bella Otero TEXTO S. E.

Turistas de New York e Castellón chegan a Valga pola ruta do Ulla

Mar de Santiago puxo en marcha o seu principal produto turístico, a excursión polo territorio dos catro concellos que forman o xeodestino, e trouxo a Valga a unha ducia de turistas galegos, nacionais e internacionais que descubriron algúns dos atractivos que agocha este territorio bañado polas augas do río Ulla e da Ría de Arousa. As excursión no verán terán periodicidade semanal.

Os viaxeiros gozaron coa singularidade da ruta fluvial, cos atractivos paisaxísticos do esteiro do río Ulla, coa súa flora e fauna. Unha vez rematado o percorrido marítimo-fluvial, deu comezo a segunda parte da excursión: a terrestre. Un autobús levou aos viaxeiros, procedenes de Castelón, New York e Galici, polos catro concellos e achegounos a algúns dos seus principais recursos: unha adega en Vilanova, o miradoiro de Pedras Miúdas en Catoira, o porto fluvial en Pontecesures e, en Valga, o Museo da Historia Local.

Nas instalación museísticas, a expedición foi recibida polo alcalde, José María Bello Maneiro. A figura da Bella Otero e a súa historia de vida fascinante foi para eles un dos principais atractivos.

O coordinador da excursión, Luis Rendo, destacou que a acollida inicial do produto turístico está a ser “moi boa”. “Estas primeiras experiencias servirannos para coñecer que é o que os turistas demandan para, pouco a pouco, ir deseñando un produto o máis atractivo”.

24 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.