Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Últimas prazas no plan de emprego que activou Ambar

Ribeira. O programa de emprego para mulleres da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar ten prazas dispoñibles no Coworking da Pobra do Caramiñal. “Este programa ten o obxectivo de mellorar a igualdade de oportunidades a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral”, explican dende o citado colectivo.

A iniciativa está dirixida ás mulleres que cumpran algunha das seguintes características: padecer diversidade funcional ou trastorno mental, estar en situación de inactividade ou desemprego de longa duración, carecer de titulación ou teñan baixa cualificación, desempregadas menores de trinta anos ou maiores de corenta e cinco anos, ou que residan en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade.

Ás participantes realizaráselle un análise sociolaboral a partir dunha entrevista persoal e posteriores sesións individualizadas, nas que se definirán as necesidades de cada persoa e marcarase unha estratexia personalizada para que cada muller poida acadar os seus obxectivos. Inscricións e máis información chamando ó 981 874 480. cg

25 abr 2022 / 20:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.