Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O ente provincial dedica 348.649 € para construír novas beirarrúas e pavimentar
a estrada de Outes // Retómanse os traballos despois da parálise que sufriron hai uns anos, cando a empresa adxudicataria incumpriu o proxecto TEXTO Marta Torres

Último empuxón para rematar a humanización de San Campio

O presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este venres o reinicio das obras de humanización e mellora da seguridade da avenida de San Campio, na estrada provincial DP-5604, en Outes.

Acompañado do alcalde, Manuel González López, o presidente provincial desprazouse ata esta vía de acceso principal á Serra de Outes para supervisar os traballos a partir dos que se construirán novas beirarrúas, co fin de garantir unha maior seguridade aos peóns neste tramo urbano do municipio. Tamén se dotará a esa zona, dende o inicio da estrada ata o punto quilométrico 0+340, dunha nova capa de rodaxe.

González Formoso trasladou no encontro as desculpas á veciñanza pola demora no comezo dos traballos, que se retoman despois da parálise que sufriron hai uns anos debido ao incumprimento do proxecto por parte da anterior empresa contratista. “Pedimos perdón aos veciños e veciñas, e quero explicarlles que a parte difícil que fai a Deputación para obter os recursos económicos despois viuse truncada porque as empresas ás veces non cumpren coas súas obrigas”, afirmou.

A institución provincial redactou un novo proxecto técnico, que se aprobou no ano 2020 e que incluíu novas melloras con respecto ao orixinal, acordadas polo departamento de Vías e Obras da Deputación e o Concello de Outes. “Agardamos completar a obra antes de seis meses; é unha mostra do compromiso histórico da Deputación coa vila de Outes”, remarcou Formoso.

Pola súa parte, o rexedor outense agradeceu a visita do presidente provincial e sinalou que “a Deputación é un piar clave para os concellos pequenos á hora de realizar investimentos. Estamos diante dunha obra moi desexada; nunca é tarde se a dita e boa. Neste caso tardou,soubemos deses problemas, pero fomos capaces entre todos de desatascala”.

O proxecto conta cun orzamento provincial de 348.649 euros e suporá unha importante mellora na seguridade da veciñanza que reside na contorna, sobre todo a que transita a pé, e permitirá, do mesmo modo, mellorar a estética da travesía principal da citada localidade.

O pavimento das beirarrúas estará formado por loseta hidráulica sobre base de formigón e zahorra artificial. En canto ao pavimento da estrada, executarase con mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor, previo fresado e reparación do firme nas zonas onde se atope máis deteriorado.

Ademais, as obras renovarán os servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais e canalización da iluminación, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. As redes dos servizos de saneamento, abastecemento e iluminación instalaranse baixo as beirarrúas e, a de pluviais, baixo as zonas de aparcamento. As tarefas sinaladas contan cun prazo de execución de seis meses.

Destacar que o Plan Único constitúe desde a súa creación unha ferramenta indispensable para os concellos da provincia, que gozan da capacidade e autonomía para decidir que obras financiar con estes fondos atendendo ás súas prioridades e ás necesidades da veciñanza. É o caso da humanización da avenida de San Campio... que ao fin se concluirá.

o protagonista
56 obras do Plan Único no municipio
Valentín González
Presidente da Deputación

González Formoso trasladou no encontro co rexedor outense que a Deputación leva investidos 7,6 millóns de euros en obras en infraestruturas en Outes, das que as máis importantes son as do Plan Único, que permitiu realizar un total de 56 actuacións por importe de 4,5 millóns de euros. Entre elas destaca a humanización da rúa da Capela, unha das principais zonas comerciais do municipio.

O presidente provincial e Manuel González visitaron durante a xornada este lugar, que agora conta con mellores prestacións e maior seguridade para a veciñanza, aumentando así o seu benestar e comodidade. A vía conta cunha estrada renovada, novos servizos soterrados e unha mellor estética.

Ambos definiron o Plan Único como “indispensable” para os concellos, que gozan da capacidade e autonomía para decidir que obras financiar atendendo ás súas prioridades.

{ BLANCO O NEGRO }
Mejor tarde que nunca
Marta Torres

a los políticos se les pide pensar en proyectos de futuro, pero la ciudadanía también reclama satisfacer las demandas que surgen en el día a día, que no son pocas... ya que somos muchos a pedir. Por ello, considero fundamental que sean decididos e innoven pero, aunque les cueste, siempre reconozcan el alcance de sus posibilidades. Hay proyectos que a veces no salen o no son posibles, por las circunstancias, y en otros aparecen contratiempos. Y ahí, sólo queda ser honestos y dar las explicaciones oportunas, como en el caso de Valentín González en Outes, por una obra que se ha demorado más de la cuenta. Pero las palabras del presidente provincial alivian unas críticas que existieron. Ya se sabe que mejor tarde que nunca.

22 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.