Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha exposición clausura o curso da Escola de Arte do Concello de Ponteceso

Ponteceso. A Escola Municipal de Arte do Concello de Ponteceso celebrou un sinxelo acto para dar por clausurado o curso. Na Biblioteca Municipal fíxose entrega a todos os artistas que participaron no curso dos diplomas que acreditan o seu bo facer, dedicación e entrega. O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, acompañado pola concelleira de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño, encargouse de facer a entrega dos diplomas ós case cen participantes desta escola, que foi todo un éxito en cada un dos sete grupos de alumnos que a conformaron. Pero o acto foi moito máis alá, xa que o rexedor aproveitou a súa presenza para inaugurar unha fermosa exposición cos traballos realizados polos alumnos. A mostra poderase visitar durante todo o mes de xunio na Biblioteca Municipal de Ponteceso. m.b.

07 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.