Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga familiariza aos pequenos co consumo de produtos frescos do mar e a alimentación equilibrada

Os rapaces da Escola de Verán participaron no obradoiro ‘Ti si que eres un bo peixe’ que impulsa a Xunta para concienciar sobre hábitos saudables

O Concello de Valga, co apoio da Xunta, quixo concienciar aos máis pequenos do municipio sobre hábitos alimenticios saudables. Para isto os rapaces da Escola de Verán asistiron á actividade Ti si que es un bo peixe, unha iniciativa organizada en colaboración coa Consellería do Mar co dobre obxectivo dar a coñecer e promover o consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre os cativos e contribuír a que as súas dietas alimentarias sexan equilibradas, ao incidir nos aspectos saudables do consumo de peixes e mariscos.

O obradoiro que se desenvolveu nas instalacións do CEIP Baño-Xanza constou de varias actividades relacionadas co coñecemento de diferentes especies mariñas. En concreto os cativos tiveron a oportunidade de coñecer as características de cinco peixes (pescada, sardiña, peixe sapo, linguado e robaliza), tres mariscos (nécora, percebe e vieira) e tamén dunha alga (argazo).

COÑECER O HÁBITAT. A través de fotografías, paneis e vídeos, os rapaces da Escola de Verán puideron coñecer onde viven estas especies, como é o seu hábitat natural e como se poden extraer do mar. Tamén lles presentaron diferentes ideas para o seu consumo, con receitas de cociña novidosas e sorprendentes que fan estes produtos moito máis atractivos e apetitosos para os cativos. Outra das canles empregadas para conectar co público infantil foi a música, a través dunha coreografía coa que os nenos acompañaron a proxección dun vídeo-karaoke no que a letra facía referencia aos contidos do obradoiro.

A Escola de Verán é unha actividade gratuíta organizada polo Concello co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares.

As actividades do programa deron comezo o pasado día 4 de xullo. Nesta primeira quenda están a participar un total de 52 rapaces, que realizan actividades lúdico-formativas que fomentan valores baseados na igualdade e na concienciación por un mundo máis xusto, igualitario e respectuoso, segundo explican os responsables.

18 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.