Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A cativada divertiuse nun festexo con xogos e inchables // Houbo queimada e fogos de artificio // Non faltaron tapas de anguía e cócteles con caña do país

Valga viviu unha fin de semana do máis especial

A XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga celebraba este sábado o seu día grande, despois de encadear varias actividades con motivo de festexo que serviron de antesala á sinalada data. E é que non faltou de nada na esperada cita festiva, que volveu ao seu formato orixinal despois das modificacións que sufriu a causa da pandemia. A rutaConcurso Tapa a Anguía abría o sábado nos bares Pardal, Praia fluvial de Valga, Caprichos, Maneiro, Potel, O Pontellón, Couceiro e Auditorio.

Pola tarde, a cativada divertíase nunha festa infantil con xogos e inchables no Parque Irmáns Dios Mosquera. Non faltou a tradicional demostración de augardente no Centro de Interpretación da Caña, nin a recepción de autoridades na Casa do Concello.

Ás 20.00 horas foi o turno do pregón, que este ano correu a cargo do historiador Anxo Rodríguez Lemos, gañador do Premio Xesús Ferro Couselo 2022. Acto seguido procedeuse á entrega de premios dos numerosos certames que o Concello organizou ao redor do festexo: Valga. Anguía, caña e camiño, Concurso da Caña do País, de receitas, Embelecer Valga, concurso do cartel anunciador, tapas gañadoras da Ruta-Concurso Tapa a Anguía e os gañadores dos vales de compra da ruta de tapas. Pola noitiña amenizou a xornada a Banda Municipal de Valga, degustáronse petiscos de anguía e cócteles con caña do país e actuou a orquestra Alkar. Á medianoite foi o momento da queimada con conxuro a cargo de Troula Animación e do espectáculo de luces e fogos. As actuacións de Alkar e Panorama pecharon o día. O domingo aínda se degustaron tapas.

29 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.