Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Unha gala organizada por Cruz Vermella e Cáritas recauda 5.316 euros // Marcial Mouzo foi o presentador TEXTO Manuel Boo

Vimianzo amosa a súa solidariedade coas familias con menos recursos

O Concello de Vimianzo acolleu este domingo unha nova edición da Gala Solidaria organizada por Cáritas e Cruz Vermella, en colaboración coa administración local, para axudar ás familias con menos recursos durante esta época do ano. Nesta ocasión, lograron recadarse un total de 5.316,75 euros; todo un éxito.

O xornalista Marcial Mouzo foi o encargado de conducir esta edición que se retomou tras dous anos de parón debido á irrupción da pandemia da covid. O lugar elixido foi a casa da cultura de Vimianzo e, desde as cinco e media da tarde, foron centos as persoas que se achegaron ata as instalacións para así poder reivindicar a necesidade de ser solidarios, ademais do papel realizado tanto por Cáritas como por Cruz Vermella en relación ao apoio que ofrece ás persoas máis desfavorecidas.

Durante este evento houbo tempo para as emocións, pero tamén para a música e a diversión grazas ás actuacións de Irma Macías, a charanga Pasarela Big Band, a Coral municipal de Vimianzo, as escolas municipal de pandeireta e música moderna, Soraya Lema, Pepo Suevos e Danito Malabares. Ao remate da gala as persoas asistentes puideron degustar unha chocolatada de balde que tamén foi unha doazón.

Desde o Concello felicitaron o traballo desenvolto por todas as entidades e particulares implicados cunha mención especial a Rebeca Veiga, presidenta de Cruz Vermella; Carmen Vázquez, directora adxunta de Cáritas, e o párroco Daniel Turnes.

20 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.