Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo disporá de catro puntos de recarga de vehículos eléctricos

Terra de Soneira. O Concello de Vimianzo continúa co seu firme compromiso medioambiental e prevé a instalación de catro puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio. O principal obxectivo é fomentar a mobilidade urbana e interurbana mediante vehículos libres de emisións de gases de efecto invernadoiro. Para isto, a Administración local xa licitou a concesión de uso do dominio público para instalar estes elementos, e conta cun orzamento de 3.150 €.

As concesións terán unha duración de 10 anos, susceptible dunha prórroga de cinco anos adicionais. O sistema de adxudicación da concesión será de concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria. O prazo de presentación de ofertas remata o 24 de novembro de 2022.

Desde o Concello de Vimianzo sinalan a especial relevancia que ten “contar con este tipo de infraestruturas, xa que ata o de agora non existían nos nosos límites municipais e trátase dun primeiro paso para impulsar a mobilidade do futuro”.

13 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.