Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Visibilizando ás mulleres científicas no IES Maximino Romero de Baio

Baio.O IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas) acolle ata o 12 de novembro a exposición AstrónomAs, recentemente estreada no Pazo de Fonseca en Santiago e centrada nas mulleres que dedicaron a súa vida ao estudo da astronomía. Consta de dezaseis paneis explicativos que teñen por obxectvo fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en xeral e, en especial, entre as nenas e adolescentes.

Asemade, ao divulgar as investigacións realizadas por mulleres científicas na astronomía e astrofísica, contribúe a rachar coa violencia da invisibilidade que se exerceu na muller ao longo dos séculos.

A mostra é herdeira da exposición Con A de astrónomas e dispón dun espazo web con información de 270 astrónomas e as súas áreas de investigación. Ademais dos datos de cada unha das astrónomas, acompáñase con diversos materiais que inclúen unha contextualización da astronomía con outras ciencias, a súa relación co cine, a literatura ou a arte, cadernos pedagóxicos que se poden descargar, xogos interactivos, podcast e vídeos. Todo isto arroupado por unha banda sonora orixinal composta por Paula Espinosa. A comisaria da mostra, a profesora Joseína F. Ling visitará o centro o día 12 para impartir a charla Astronomía e mulleres ao alumnado de 4º de ESO.

Tamén dende o Club de Ciencia desenvolveranse numerosas actvidades relacionadas coa mostra como a aprendizaxe do uso do telescopio ou dun planisferio, a realización dunha observación solar no patio, coñecer o rango espectral e a difracción da luz, ou a charla Astronomía en España impartida polo profesor Vitor Tilveo.

05 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.