Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Lalín amosa no pazo de Liñares máis de mil pezas nunha exposición permanente // O escritor e pintor Antonio Chaves foi o donante da maior parte // Hai obxetos galegos e outros creados en Portugal // O Concello aporta os cabezudos de Laxeiro // O máis antigo é unha machada da época romana TEXTO M. Boo

Volta á infancia co Museo do Xoguete

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañou este sábado ao alcalde de Lalín, José Crespo, na inauguración do Museo do Xoguete, que se ubicará nas dependencias do Pazo de Liñares, nun acto no que tamén interviu Antonio Chaves, como principal donante das máis de 1.000 pezas que permanecerán expostas ao público que se achegue a ver esta magnífica colección.

Durante a súa intervención, o titular de Cultura do Goberno galego destacou a “calidade artística e afectiva” desta colección a través da cal se traza “a crónica emocional de toda unha xeración”.

“Trátase”, engadiu Román Rodríguez, “dun tesouro patrimonial material e inmaterial que non só exhibe un activo traballo de preservación, senón que permite reforzar a narrativa identitaria de Galicia a través da infancia de centos de galegos ao longo dos tempos”.

Román Rodríguez subliñou tamén a diversidade e a riqueza das pezas que o integran e que compoñen “unha perfecta cápsula do tempo”. Neste senso, agradeceu a xenerosidade do coleccionista, escritor e pintor Antonio Chaves que, xunto coa vontade do Concello de Lalín, fixeron posible que este proxecto saíra adiante.

Este novo centro museístico vén a reforzar a ampla rede de Museos de Galicia, que engloba preto de 70 centros por todo o territorio galego, tres deles en Lalín. Nel exhíbense máis dun milleiro do xoguetes moi variados, algúns deles creados en Galicia, outros de Portugal, pezas premiadas pola súa excelencia e mesmo algunhas con 2000 anos de historia, como unha machada que data da época romana.

Destaca un exemplar do Bugatti de Payá, coche de carreiras de 1932, fabricado en folla de lata, que supón un dos maiores exponentes do xoguete antigo en España. O público tamén poderá ver unha vitrina con avións en homenaxe a Joaquín Loriga. Tamén destaca o espacio dedicado a Portugal, un considerable número de pezas premiadas, ou o cadro titulado Teatre de Marionetes, do pintor catalán Camil Fábregas.

Desde o Concello de Lalín aportaranse outros obxetos como os Cabezudos de Laxeiro, que sairán ás rúas de cando en vez, e intentará conseguir os Papamoscas de Santiso ou os Cabezudos de Wily.

08 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.