Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve Brión Inclúe para a integración a través da arte

A Maía. O festival Brión Inclúe cumpre 4 anos cunha edición que terá máis actuacións e calidade que nunca. Do 1 ao 12 de decembro, A Maía converterase na capital galega da inclusión con contacontos en lingua de signos, espectáculos de danza, humor, teatro e música para todos os públicos. Está organizado polo Concello de Brión, xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega e suma axudas e fondos da Deputación coruñesa, Gadis e Froiz. Colaboran Hotel Balneario Compostela e Kratos.

A programación que acollerá o centro social polivalente é de balde (previa reserva en billeteira.concellodebrion.gal), incluíndo o día 3 de decembro a inauguración (18.00 h.) e, quince minutos despois, o espectáculo Brinca vai! de Paco Nogueiras. O 19, ás 11.00 horas, chega o turno de Saabor!, de Culturactiva Producións, para colectivos de diversidade funcional. Ás 18.00 desenvolverase a estrea do espectáculo Inclucontos, de Pedro Brandariz. Ás 19.00 horas, Encontro con Nati Villar, Premio Max das Artes Escénicas 2020. O 11 (20.00 h.), representan El Triciclo, da Escuela Municipal de Teatro Ricardo Iniesta de Úbeda (Jaén), e actúa DJ inclusivo Montxo 6 ás 21.00. Xa o 12 de decembro, sesión vermú a mediodía con Brandariz e actuación de Ruth Cundíns, Chungo Pastel e a Escola de Pandeireta local. Divulgarán o proxecto mural Mari Bárbola, de Art for Dent. M.M.

01 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.