A RAG promove unha programación en torno a Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas

Unha das propstas é unha serie documental sobre a homenaxeada

Luísa Villalta será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024

Luísa Villalta será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024

E.P.

A Real Academia Galega (RAG) organizou unha programación que inclúe, entre outras propostas, unha serie documental e contidos para os máis xoves sobre Luísa Villalta, a autora á que este ano adícase o Día das Letras Galegas. Entre outras iniciativas, vaise estrear en marzo unha serie web documental sobre a autora, nacida en A Coruña e falecida en 2004, con guión de Alba López e dirixida por Damián Varela. Serán seis episodios que se poderán ver en redes e na TVG.

Ana Romaní, Margarita Ledo e Manuel Rivas pronunciarán, ademais, as alocucións académicas do 17 de maio nun pleno extraordinario e público que se celebrará en A Coruña. Na segunda metade do ano, celebrarase o simopsio das Letras Galegas a cargo de especialistas no legado da escritora.

Da homenaxeada, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes destacou o seu “compromiso ca cultura e ca lingua”, ao tempo que remarcou que formou parte dunha xeración “comprometida social e politicamente”.

O acto de presentación da programación contou tamén ca presenza da directora da Sección de Literatura da RAG, Marilar Aleixandre, e de María Gómez e Susana Villalta, nai e irmá da homenaxeada.

De “intelectual completa”, calificou Marilar Aleixandre a Luísa Villalta, ao tempo que remarcou que o obxetivo é dar a coñecer a súa obra en centros educativos. Pola súa parte, Susana Villalta destacou o pensamento “con moita forza” da súa obra e avanzou a intención de reeditar algún dos seus traballos e de publicar outras obras inéditas.

Xa noutra orde de cousas, e a preguntas dos xornalistas sobre a situación do galego, Freixanes apelou a traballar para “facer moito mellor” as cousas de cara á súa potenciación. “É patrimonio de todos e todas”, dixo para subraiar a necesidade de defender o idioma todos os días do ano.