Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

269.000 euros en axudas do Concello para dez entidades

Santiago. A Xunta de Goberno extraordinaria do Concello de Santiago de Compostela aprobou onte un total de dez convenios de colaboración, por un importe total de case 270.000 euros (269.000 €) con diferentes asociacións e federacións deportivas da cidade. A Xunta de Goberno tamén tomou conta da axuda de 15.000 euros para sufragar o convenio de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta da información en rolda de prensa.

As subvencións dedicadas a financiar os convenios aprobados distribuíronse deste xeito entre as diferentes entidades deportivas: para a Federación Gallega de Judo y Disciplinas Asociadas, 6.000 euros; ao Club Ciclista Compostelano, 6.000 €; ao Club Triatlón Santiago, 20.000 €; Federación Gallega de Kárate y D.A. 6.000 €; Club Victoria de Santiago de Compostela, 10.000 €; Club Atletismo Santiago, 9.000 €; Obradoiro Club Amigos de Baloncesto, S.A.D, 120.000 €; Club Sociedade Deportiva Compostela, 65.000 €; Club Arteal Tenis de Mesa, 12.000 €; e Federación Gallega de Atletismo, 15.000 €.

A Xunta de Goberno tamén tomou conta, por outra banda, da sinatura do convenio de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) por importe total de 15.000 euros. En total, os convenios aprobados onte chegan á cifra de 284.000 euros. ECG

24 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.