Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A preinscrición nos campionatos galegos universitarios, xa aberta

A Área Deportiva da USC activa o prazo ata o día 6 de febreiro // E ata o 20 para as probas a nivel de toda España

A Área Deportiva da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de abrir o prazo de preinscrición para participar nos campionatos galegos universitarios nas modalidades de baloncesto, balonmán, fútbol, futsal, natación, orientación, rugby-7, vela e voleibol.

As persoas interesadas poden solicitar a súa participación, ata o 6 de febreiro na web da entidade logo de rexistrarse na aplicación da Área Deportiva da USC.

A convocatoria diríxese ao conxunto da comunidade universitaria e constitúe, tal e como explica o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, “unha oportunidade única non só para representar a USC, senón tamén para fomentar a convivencia con deportistas das outras universidades”.

Unha vez recibidas todas as solicitudes, procederase á súa avaliación e selección definitiva. Durante o proceso, requirirase tamén a asistencia dos e das solicitantes ás convocatorias realizadas pola Área Deportiva da USC a efectos de adestramentos ou reunións, entre outros. Poderase solicitar 1 crédito ECTS, que se expedirá ao final do curso académico.

Campionatos de España Ata o 20 de febreiro, tamén poderán formalizarse a solicitude para participar, a nivel individual, nos campionatos de España universitarios todas aqueles que se atopen matriculadOs no curso actual e que acrediten ser estudantes de grao, mestrado ou doutoramento, de títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio estatal, e que ademais cumpran cos requirimentos e criterios establecidos na convocatoria. Para formalizar a solicitude é preciso estar rexistrado na aplicación da Área Deportiva da USC e despois preinscribirse na web. Poderanse solicitar 2 créditos ECTS, que se expedirán a final do curso académico. Listaxe de deportes: atletismo, bádminton, campo a través , escalada, esgrima, halterofilia, judo, karate, loita, natación e natación adaptada, orientación, padel, taekwondo, tenis, tenis de mesa, tríatlon, volei praia e xadrez. A participación nos deportes colectivos depende de que a USC sexa campioa galega nalgunha das modalidades celebradas nos devanditos campionatos.

20 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito