Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“A situación é difícil, pero nós estamos no mellor momento”

Brais García Pedre (Burela, 1990) defenderá de novo a portería do Jerubex Santiago Futsal mañá en Santa Isabel fronte ao Bisontes de Castellón, outro partido que é outra final para o equipo branco, moi necesitado de puntos para o seu obxectivo de seguir na Segunda.

A primeira pregunta nos últimos tempos é a mesma aos integrantes do Jerubex Santiago Futsal: como vai o ánimo do equipo, o convencemento de que se pode salvar?

A ver, sabemos qué a nosa situación é difícil, para que negalo. Pero realmente, o equipo atópase no seu mellor momento no que vai de tempada. Todos confiamos en que se pode sacar adiante. Despois... quen sabe, somos conscientes de que está difícil. Pero a nivel de adestramentos e de competir despois nos partidos, eu creo que estamos no mellor momento da tempada.

O que non se pode mirar moito é a clasificación, porque veranse sete puntos por debaixo da zona de salvación (baixan catro) e o escaso calendario (cinco xornadas coa desta fin de semana) para recurtar. Nun chisco pasou a primeira volta.

Si, a verdade que está difícil. Se queremos salvarnos, a nosa clasificación non permite marxe de erro. A verdade é que foi unha mágoa esa primeira volta, non acompañaron os resultados, a suma de puntos, como si que están acompañando agora, na segunda fase.

Que pasou alí, na primeira fase? Por que empezou tan mal o Jerubex Santiago Futsal?

Eu penso que sempre cando fas unha plantilla, e sobre todo este ano, que houbo bastantes campos, marcharon xogadores con experiencia, pois sempre custa. É unha incógnita como vai arrincar o equipo e leva o seu tempo que acade o seu mellor nivel. Si que a verdade que ao final, entre tantas cousas, chegouse un pouco tarde... e nada, pero agora mesmo, co transcurso das xornadas, creo que si estamos dando ese nivel que antes non tiñamos, para min estamos no noso mellor nivel.

Quedan partidos, cinco xornadas e quince puntos posibles a gañar, pero para ben ou para mal a máxima do deportista, cada vez máis xeral e non porque o diga Simeone, é centrarse só no próximo partido, ir partido a partido. Supoño que niso está o equipo.

Pois si, nós agora no que nos centramos é en dar cada semana o máximo adestrando e mirar só o partido seguinte, tomalo case coma finais. E a partir de aí, ir preparando o partido que chegue cada fin de semana. Non queda outra.

Mañá en Santa Isabel contra o Bisontes de Castellón. Que recorda do partido da primeira volta?

Pois o certo é que son un equipo moi competitivo, con xogadores de bastante calidade. A nós na súa cancha saíunos un bo partido e conseguimos a victoria, esperemos repetir o mesmo na casa.

Xa, repetir, pero que está pasando nos partidos de Santa Isabel, que non chegan as victorias e só lograron unha, fronte o Leganés, no que vai de tempada? Fóra vai mellor.

A verdade, é algo peculiar: ao longo da tempada estamos conseguindo bastantes máis puntos fóra que na casa, pero... atópamonos moito mellor coa nosa afección, é un punto a favor e esperamos contar co seu apoio nestas xornadas.

Nos últimos partidos entra xenta a Santa Isabel. Nótano, supoño.

Era algo que se botou de menos moito tempo. E agradécese que vendo a situación do equipo teñamos o apoio de tanta xente, axuda.

Pois que mellor agasallo que un triunfo ante o Bisontes.

É o que esperamos. Imos dalo todo na pista, o que máis desexamos é poderlle adicar una victoria.

Que hai que facer ben para gañarlle ao equipo de Castellón?

Pois dar o máximo e o mellor de cada un de nós. Se sumamos todos, o máis probable é que gañemos.

No seu caso, sería deixar a portería a cero, como fixo en Castellón na primeira volta. Como calificaría vostede a súa tempada?

Non me compete a min, pero intento dar o mellor de min. Non miro moito os goles encaixados, simplemente traballo para axudar aos meus compañeiros e encaixar os menos goles posibles. Son bastante esixente cos goles que encaixo, sempre penso que puiden facer algo máis. Pero só queda seguir traballando para os partidos que quedan.

Pois a seguir nesta liga, que ten máis nivel do que parece.

Si, seguro. Calquera dos equipos a verdade é que son complicados, non ten moito que ver a clasificación que calquera lle pode gañar a calquera. Se non das o máximo é moi difícil conseguir gañar.

Contento en Santiago?

Si, moi contento. este é o meu segundo ano e estou moi contento tanto a nivel persoal como do trato do club, que é importante, síntome valorado. Aparte de xogar, estou facendo un ciclo nunha empresa de Viaqua, tamén estou no segundo ano, xa coas prácticas.

Ou sexa, que queda aquí.

(Ri). Eso nunca o sabes. Eu a verdade é que agora mesmo estou moi contento, pero hai outros factores. O ideal sería seguir aquí e co Santiago Futsal en Segunda, que é o que esperamos todos.

09 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.