Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A sub-16 galega manten as súas opcións para lograr a clasificación

Fútbol. A selección galega sub-16 dirixida por David Páez volveu a demostrar a súa capacidade competitiva que o levou a proclamarse campión de España o ano pasado. O equipo galego ten un carácter e unha personalidade que lle permite levantar partidos como o de este sábado contra o combinado do País Vasco. Unha remontada e unha vitoria que permiten manter a ilusión de clasificarse para a Fase Final, aínda que o reto é maiúsculo xa que hai que gañarlle nin máis nin menos que aos anfitrións, a Andalucía, na reedición da final do Campionato de España do ano pasado. Aos andaluces válelles o empate ou incluso perder por un só gol de diferencia. As posibilidades de Galicia son varias. A máis clara é gañarlle a Andalucía por dous goles de diferencia porque así xa lle pasará na táboa ao seu rival de mañá. Pero tamén lle vale gañar pola mínima si Madrid empata con País Vasco ou incluso sería válido o empate contra Andalucía, sempre e cando os vascos lle gañén aos madrileños. Os sub-16 remontaron o partido que comezaron perdendo dende o minuto 9 polo gol de Iván López. Xandre (minuto 29), Rubén Fernández (minuto 55) e Lucas Castro, de penalti (minuto 75), responderon para que os galegos se fixeran ca victoria por 1-3. André Couce

12 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.