Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Subida a Valdeorras contará co apoio da Deputación de Ourense

automobilismo. A Deputación de Ourense apoiará a celebración da V Subida a Valdeorras, que se disputará do 23 ao 25 de xuño, no que supón o debut da competición organizada pola Escudería Valdeorras no Campionato de España de Montaña, máximo chanzo competitivo desta modalidade automobilística. Este ascenso vén outorgado pola Federación Española de Automobilismo tralo éxito da proba na pasada edición da Copa de España. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Escudería Valdeorras, José Manuel Torres, e con Manuel Díaz Pavón para avanzar a colaboración do goberno provincial con esta cita valdeorresa. Baltar enmarca este acordo dentro da “aposta da Deputación polo desenvolvemento dun ecosistema deportivo ourensán que permita amosar todas as potencialidades da provincia”. v..f.

09 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.