Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Terras de Altamira, unha andaina que quere ter 700 participantes

Reto da asociación O Esquío no Piñeiro e do concello de Brión // A cita, o 28 de maio

A andaina Terras de Altamira volve para medrar cun obxectivo de 700 participantes. Como novidade este ano a proba estará incluída na Liga de Sendeirismo da Federación Española o que fará que se acerquen a Brión sobre uns 200 participantes de fora de Galicia.

Setecentos participantes. Este é o obxectivo que se marcha a VII Andaina Terras de Altamira que a asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión organizan o sábado 28 de maio.

A proba vai ser valedoira para a Copa Galega de Andainas de 50 quilómetros da Federación Galega de Montañismo, engade como novidade a súa inclusión na Liga de Sendeirismo da Federación Española.

“Isto significa que poden achegarse máis de douscentos deportistas de fora de Galicia a competir en Brión”, explica Jose Manuel Trigo, coordinador da proba. Para estes deportistas e o percorrido completo de medio cento de quilómetros, con avituallamentos destacados na Carballeira de Santa Minia e na Igrexa de Viceso.

Pero a proba parte dunha miniandaina de 14 quilómetros, axeitada para a familias completas polo seu baixo nivel de dificultade. Eles terán a oportunidade de desfrutar mais relaxadamente de paisaxes e contornas naturais do municipio, a través de antigos camiños en desuso polos que en tempos circulaban carros e camiñantes entre aldeas. Unhas vías que quedaron esquecidas coa proliferación dos automóbiles, e que se recuperan para esta iniciativa. Aínda existe unha distancia intermedia, de 36 quilómetros, para aqueles que estean en mellor forma.

O coronavirus freou a edición do 2020, e Trigo recorda que o ano pasado foron xa 300 persoas as que desafiaron un dia de auténtico diluvio para sumarse a unha iniciativa que xa se gañou un oco no calendario dos afeccionados. Isto é posible en parte polo trato próximo e amable e os agasallos que reciben as persoas participantes por parte da organización.

A proba partirá o sábado 28 de maio, as 9 horas, da Carballeira de Santa Minia en Brión. As inscricións xa están abertas, con un prezo de 15 euros de esa data ao 14 de abril; do 15 de abril ao 14 de maio serán 18 euros; e do 15 ao 24 de maio serán 16 euros; as persoas con licenza da federación galega reduciran o prezo en 2 euros.

Para anotarse debe empregarse a web www.andainaterrasdealtamira.org, e o prezo inclúe ademais da bolsa do sendeirista (excepto os que o fagan do 15 ao 24 de maio), avituallamentos, medico, medalla e diploma.
PRESENTACIÓN O VENRES CON DIEGO VIAÑO E FEDERICO PÉREZ A proba vai ser presentada nunha gala o vindeiro venres as 20 h. na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, meteorólogo da TVG, e tamén estarán presentes alí Pablo Lago, alcalde de Brión Pablo, a concelleira de Deportes de Brión, Sandy Cebral, e diversas autoridades da Secretaría Xeral para o Deporte e da Federación Galega de Montañismo.

Na gala desvelarase o percorrido para este ano e tamén contaráse cun monólogo de Federico Pérez, recoñecido actor galego de cine e tele.

08 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito