Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta avala o potencial turístico do Mundial de Carreiras de Aventuras

cita O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, suliñou o enorme potencial do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras que se disputará en Galicia o próximo ano para a promoción no exterior das distintas rutas do Camiño de Santiago que atravesan a comunidade e incidiu ademais na importancia deste evento deportivo nun ano clave coincidindo co Xacobeo 2021. Así o sinalou durante unha reunión esta semana co organizador do campionato, José Manuel Rodríguez, e o director da carreira, Pablo López, aos que lles trasladou o apoio da

Xunta a unha cita que reunirá en outubro a equipos dos cinco continentes. No encontro tamén participou a directora de Turismo de

Galicia, Nava Castro. A carreira combinará probas de ciclismo, trekking, kayak e barranquismo e transcorrerá por máis de 600 quilómetros polas catro provincias galegas, entre os que se inclúen tramos do Camiño Francés, o Inglés, o do Norte, o Primitivo e o de Inverno. Ademais, terá como escenario As Fragas do Eume e a Ribeira Sacra. Rueda incidiu que o evento dará a coñecer noutros países dous elementos que marcan a diferencia do turismo: o Camiño de Santiago e o patrimonio natural, polo que promocionará Galicia. ecg

16 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.