Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta crea un novo marco deportivo que substitúe o de 2004

Estableceranse dúas categorías previas coa meta de complementar a condición de alto nivel

O deporte galego contará en menos dun mes cun novo marco normativo grazas ao decreto publicado onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) no que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de alto rendemento de b. O texto entrará en vigor vinte días despois da súa aparición no DOG para substituír ao anterior, que databa do ano 2004.

A Secretaría Xeral para o Deporte celebra a nova norma, que califica como “unha das máis actuais e completas do estado”, pois segundo o departamento liderado por José Ramón Lete Lasa “avanza en recursos, en medidas e en destinatarios” fronte á anterior normativa galega.

Entre as principais novidades destaca a creación das figuras do deportista de alto rendemento e de alto rendemento de base, pensadas para complementar os pasos anteriores dos deportistas galegos de alto nivel (DGAN). O primeiro apartado está dirixido a aqueles cuxa práctica aínda non pode ser catalogada de alto nivel pero si está en condicións de selo no futuro pola súa proxección, mentres que os deportistas de alto rendemento de base serán aqueles que se atopen nunha etapa anterior, de “desenvolvemento e perfeccionamento” previa a acadar as outras condicións. Na práctica, a Xunta xenera dúas figuras máis para complementar a de DGAN, que conta actualmente con 521 deportistas.

Ademais, o decreto inclúe outras melloras como a posibilidade de solicitar estas condicións durante todo o ano e non só en prazos concretos, exténdese a súa duración e permitiranse prórrogas por lesións ou embarazos, entre outros supostos. A posta en marcha da Oficina de Atención ao Deportista tamén suporá unha mellora clave.

Tamén se recoñecerá aos centros de alto nivel deportivo e aos núcleos de adestramento especializados por ser “de interese deportivo estratéxico para a comunidade”.

30 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.