Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Xunta formará ás federacións fronte o covid-19

CONVENIO O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou onte a charla informativa sobre o covid-19 da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) na que sinalou cara a “formación como factor innegociable nesta crise”. Neste sentido anunciou a sinatura dun novo convenio de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral e a UFEDEGA para o desenvolvemento de actuacións de formación, asesoramento e apoio ás federacións deportivas galegas.

O convenio centrarase no desenvolvemento dunha política activa de protección da saúde do deportista xa que, como dixo, “entendemos que non hai maior desafío hoxe que a preservación da saúde e para iso necesitamos desenvolver hábitos de vida saudable na nosa poboación”. Ademais, Lete Lasa apuntou que o seu departamento está a estudar a posibilidade de formar sobre o covid-19 a adestradores e directores dos equipos que comecen a súa actividade.

A través do convenio acadarase asemade unha mellor especialización e formación das federacións co obxectivo de garantir o cumprimento efectivo das funcións públicas atribuídas; promoverase o deporte en toda a sociedade, en particular na idade escolar; e tamén o deporte de competición e de alto nivel en colaboración coas federacións.

A UFEDEGA dotará ás federacións, no marco do convenio, de asistencia xurídico-laboral, asistencia xurídico-deportiva, promoción a través da comunicación e difusión dos eventos, e a constitución dun grupo de traballo e análise das sinerxías entre federacións. Será protagonista a Escola do Deporte Galego. ecg

21 may 2020 / 23:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito