Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Brión acolle a primeira edición do seu Campus EDS no mes de xullo

Santiago. O Concello de Brión, a través da Concellería de Deportes, e a Escola Deportiva Santiago organizan o I Campus EDS 2021 Concello de Brión, con catro quendas semanais do 5 ao 30 xullo que se desenvolverán no campo e no pavillón municipais en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O alcalde brionés, Pablo Lago, sinalou que a meta é “ampliar a oferta de servizos que axuden á veciñanza a conciliar a vida familiar e laboral no período estival”, ademais de que os rapaces de 4 a 14 anos “se divirtan e aprendan os valores que aporta o deporte”. O presidente da EDS, Santiago Araújo, amosouse ledo por levar o seu método “por primeira vez a Brión”.

As inscricións terán un custo de 85 euros por unha quenda, 150 por dúas, 210 por tres e 240 polas catro, cun desconto do 10 % a familias numerosas e segundos irmáns. Poden realizarse na Biblioteca Municipal, nos teléfonos 981 509 969 e 697 408 573 e a través do correo electrónico en escolasantiagocf@gmail.com. ECG

29 jun 2021 / 19:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.