Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Calurosa homenaxe de Ribeira a Vidal, Estéfano, Parada e Laura Martínez

CONCELLO O tempo acompañou e foron numerosos os veciños que se achegaron ata a praza do Concello de Ribeira para respaldar coa súa presenza e aplauso o acto de homenaxe a catro deportistas ribeirenses que

veñen de conquerir grandes éxitos deportivos ao longo do ano: o taekuondista Álex Vidal (primeiro ribeirense en disputar unha paraolimpiada); Laura Martínez (campioa co Arraun Lagunak na bandeira da Concha e na esixente liga feminina vasca); o ciclista Manu Parada (gañador do Open de España de BTT máster): e o fisioculturista Cristian Estéfano (campión de España).

Abriu o acto o concelleiro de Deportes, Javier Sampedro, que deu paso á entrega de obsequios aos catro deportistas por parte do alcalde Manuel Ruiz, quen na súa intervención final apelou aos presentes a presumir de ribeirismo, con tantos veciños que destacan en multitude de facetas, como é o caso dos homenaxeos e doutros que terán o seu reconñecemeto no futuro do deporte ribeirense.

Concluído o acto na cidade ribeirense, o foco da noticia trasladouse ao paseo marítimo de Castiñeiras, onde foi descuberta unha baldos a co nome de Álex Vidal por iniciativa dos seus familiares, amigos e veciños da parroquia. ECG

21 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.