Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diego Calvo pon en valor os 9 mundiais de loita que se celebran en Pontevedra

Pontevedra. O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou a pasada mañá ás participantes no campionato do mundo sub-23 de loita feminina que se está a disputar estes días en Pontevedra e que contou como representación galega coa loitadora Nerea Pampín.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, tamén asistiu ao longo da mañá a algúns dos combates, entre eles o de Nerea Pampín contra Nigar Mirzazada, de Azerbaixán. Pese a que a galega non puido superar a primeira fase e pasar aos cuartos de final, Diego Calvo e Lete Lasa animaron á deportista a seguir loitando na repesca na que opta a unha medalla de bronce no caso de que a súa contrincante de onte acadase a ronda final.

Trátase dun dos 9 Campionatos do Mundo de Loitas Olímpicas que acolle desde o pasado 12 de outubro a cidade de Pontevedra con máis de 12.000 deportistas. De feito, é a maior competición de loita organizada en España desde os Xogos Olímpicos de 1992. Nesta última semana da competición están a levarse a cabo os 3 campionatos sub-23 X.G.

21 oct 2022 / 00:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito