Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Blanca Millán, Martín Salvado ou Yago Iglesias, algúns dos premiados na Gala do Deporte

O acto vaise celebrar o 7 de marzo no Auditorio de Galicia // Esta mañá foi presentado o evento e a lista de recoñecementos por parte da edil da área, Noa Morales, e a xornalista Silvia Castiñeiras, en representación do Comité Avaliador

O Concello de Santiago volve recuperar a Gala do Deporte, despois de dúas celebracións anteriores e varios anos desaparecida. A edil da área, Noa Morales, e a xornalista Silvia Castiñeiras, en representación do Comité Avaliador, foron as encargadas de presentar o evento e anunciar os premiados, que son os seguintes:

Mellor Deportista Feminina 2018: Blanca Millán (baloncesto)
Mellor Deportista Masculino 2018: Martín Salvado (iudo)
Entidade Deportiva máis destacada 2018: Victoria FC
Adestrador máis destacado 2018: Yago Iglesias (SD Compostela)
Patrocinio Deportivo 2018: Arteal SL
Actividade ou Acción Social 2018: Special Olympics Galicia
Entidade Educativa 2018: Compañía de María
Premio Honorífico á Traxectoria Deportiva 2018: Antonio Bermúdez (xornalista falecido)

A Gala vaise celebrar o 7 de marzo no Auditorio de Galicia ás 20.30 da tarde e estará conducida polos xornalistas Silvia Castiñeiras (Grupo Correo Gallego) e Fran Cañotas (CRTVG)

26 feb 2019 / 16:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito