Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Conta atrás para coñecer ós mellores deportistas e clubes de Ames no 2019

A Casa da Cultura acolle a XIV Gala do Deporte ás 20.30 horas do sábado

    A Concellaría de Deportes celebra este sábado a súa XIV Gala do Deporte, o evento que anualmente homenaxea ás máis destacadas e destacados deportistas do Concello, así como ás entidades deportivas. O acto, que contará con actuacións en directo e demostracións das Escolas deportivas municipais, realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro, a partir das 20.30 horas presentado polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño.

    As candidatas a recibir o premio de mellor deportista feminina de Ames son Paula Blanco Prol (taekwondo e kick boxing) e a futbolista Nuria Rábano Blanco. Polo que respecta no apartado masculino, os nominados son o xogador de baloncesto Pablo Hernández Montenegro, o xogador de squash Carlos Cornes Ribadas é Guillermo Carracedo (padle surf).

    No tocante ó mellor deportista/equipo dun club de Ames optan ó premio o equipo sénior feminino do CV Bruxas (1.ª División Autonómica e 2.ª División Nacional), Mateo Aller García (atletismo Millaraio/sub-16) xunto ó primeiro equipo do F.C. Meigas, que en 2019 foi campión de Liga Primeira Galicia e conseguiu o ascenso a Preferente Galicia.

    Por outra banda, na categoría de mellor promesa feminina a única candidata é a xogadora de fútbol sala do F.C. Meigas, Teresa Pereiro, mentres que en homes están na lista o xogador de fútbol Hugo Novoa, do RasenBallsport Leipzig U17, Saúl Berdullas (tenis/14 anos) e Alejandro Jiménez (Millaraio sub-14).

    Na Gala tamén se desvelará cal foi o mellor club de Ames en 2019, o premio de recoñecemento especial e o premio Colaborames.

    26 feb 2020 / 22:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito