Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Eduardo Iglesias, recibido por José Ramón Lete Lasa

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu onte na sede da Escola Galega de Administración Pública ao piloto monfortino Eduardo Iglesias, que na súa segunda participación na categoría de motos do Rali Dakar acadou a quincuaxésimo terceira posición, moi por diante do resultado da súa última aventura de 2020 na que finalizou no posto nonaxésimo cuarto.

Na súa xuntanza o secretario xeral e o piloto estiveron repasando a última participación de Iglesias no Dakar e, do mesmo xeito, comezaron a planificar a tempada que vén coa posibilidade dun terceiro concurso no rali máis importante do mundo.

Nesta última edición de 2021, a Secretaría Xeral para o Deporte e Galicia Calidade colaboraron co piloto lucense a través de senllos contratos que patrocinan as accións promocionais da participación do Club Team Monforte Rally no Rali Dakar. ECG

31 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.