Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Extraordinario e denso fin de semana competitivo para o atletismo galego

A SD Compostela e o CA Sar destacaron no Campionato Xunta de campo a través

Santiago. A pista cuberta de Expourense acolleu a pasada fin de semana o Campionato de Galicia de probas Combinadas onde se viron rexistros moi destacados.

Así, cabe suliñar a actuación do atleta internacional do RC Celta Adolfo Saínz-Maza, domiñador nos últimos anos desta modalidade en Galicia, quen remataba a competición cunha puntuación de 5.195 puntos (7.32/6.98 /12.99 /1.90/8.53/4.40/3:01.54) que o convirten no segundo home da historia do noso atletismo en superar os 5.000 puntos. A medalla de prata foi para Adrián Carrera do A. Narón con 2.699 puntos

Ademáis, a promesas Lucía Sánchez del Valle, da Atlética Lucense, batía o récord galego Sub-20 con 3.629 puntos, a terceira mellor marca absoluta da historia. Foi moi salientable tamén o concurso de Carlota Salgado do A.F. Celta en Sub-18 con 3.413 puntos que a colocan segunda no ránquin nacional da tempada.

Nacional Máster. Ata 34 medallas (11 ouros, 13 pratas e 10 bronces) foi o botín acadado polos 93 tres atletas galegos desprazados ata Valencia para tomar parte no Campionato de España máster de pista cuberta.

Destacaron os tres récords galegos logrados na proba de marcha por Soledad Pousa (F50) e Manuel Polo (M45), así como a de José Manuel Fernández Sangiao (M60) sobre os 400 m. No tocante aos resultados individuais cabe suliñar os dous ouros da compostelá Esther Pedrosa na categoría M65 nas probas dos 1.500 m e 3.000 m.

Gran día en Cabío. O Circuito de Cabio no Concello de A Pobra do Caramiñal foi a sede dun extraordinario Campionato Xunta de Galicia de Atletismo de campo a través no que brilaron os atletas da SD Compostela entre os máis de 1.200 participantes. Subiron o máis alto do podio en Máster35 Nuno Ribero Pinto, en Máster40 Amador Pena, en Máster50 Julia Vaquero e en Máster70 Xosé Lois Otero. Do Clube Atletismo Sar tamén se colgaron o ouro en Máster40 Rocío Alvite, en Máster45 Alejandro Pesado e en Máster55 José Suárez. Por equipos femininos gañaron os conxuntos do Atletimo Sar e o Atletismo Narón sendo na masculina o triunfo no colectivo para SD Compostela, ADAS CUPA e Veteranos de Samil.

Cartel de luxo. A presencia do pentaolímpico Frank Casañas, da tetraolímpica Felicea Tilea e da olímpica en Río 2016 Yulenmis Aguilar, diron ao Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos longos desta fin de semana no CGTD de Pontevedra un enorme cartel de luxo.

Casañas venceu en disco con 50.09 m. destacando no martelo os 60.80 m. do máster-40 Nacho Fernández do Playas de Jandía así como os 60.40 m. do Sub-23 Yago Araujo do RC Celta. ecg

10 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.