Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe ao judo galego con ata catro olímpicos

CITA O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no tatami do Centro Galego de Tecnificación Deportiva na homenaxe realizada aos deportistas de Galicia que veñen de competir no Mundial de Budapest: Nikoloz Sherazadishvili, Francisco Garrigós, Alberto Gaitero, María Bernabéu, Laura Martínez, Sara Álvarez e Estrella López. O acto, ao que faltou Estrella López por motivos deportivos, foi dirixido polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas.

Dos catro judokas con licencia galega que acudirán a Toquio, Lete Lasa recoñeceu o traballo de María Bernabéu, da que dixo ser a pioneira desta brillante xeración e recoñeceu o palmarés de Alberto Gaitero e Francisco Garrigós, especialmente polas súas últimas medallas colleitadas como o bronce de Fran en Budapest. Por último dirixiuse a Niko Sherazadishvili como “o único judoka español bicampión mundial e a nosa enorme esperanza”. Estes catro representan o 57 % da delegación española de judo que competirá nos Xogos, cun total de sete deportistas.

Lete Lasa celebrou a súa decisión de competir por Galicia e recoñeceu o traballo da Federación Galega que “ten moito que ver en xuntar aos mellores judokas en Galicia”. Por último, o mandatario dirixiuse aos 15 rapaces e rapazas que practican judo no CGTD grazas ás bolsas da Xunta. ecg

29 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.