Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lete Lasa destaca o nivel do deporte adaptado ca Copa Galicia de Pádel

Mos. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu á celebración da Copa Galicia de Pádel para Discapacitados Intelectuais celebrada no Ipadel Fitness de Mos e organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado coa colaboración da Xunta de Galicia.

O mandatario galego destacou o excelente nivel do deporte adaptado en Galicia grazas á organización de eventos como esta competición que contribúen a acadar ese deporte para todas e para todos que defende o Goberno galego. Neste sentido, Lete Lasa subliñou a importancia das distintas actuacións que vén realizando a Xunta de Galicia no eido do deporte adaptado que permitiron que nos Xogos Paralímpicos de Toquío, Galicia representara o 15% da delegación española e que o 87,5% dos deportistas galegos regresaran entre os oito mellores do mundo.

A Copa Galicia de Pádel para Discapacitados Intelectuais levouse a cabo nas categorías de competición, coas mesmas regras do pádel convencional, e de adaptado, permitindo xogar a bola cun segundo bote. XG

10 dic 2022 / 00:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito