Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lete Lasa, moi orgulloso da competitividade de Diego Vallejo e Iglesias

A Xunta patrocina o curso de navegación ‘off road’ impartido polos galegos do Dakar

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, rezumou orgullo onte durante a xuntanza de traballo que mantivo cos deportistas galegos que competiron no Rali Dakar 2022: o copiloto lucense Diego Vallejo, que xunto a Óscar Fuertes rematou 34.º na súa sexta participación en coches; e o monfortino Eduardo Iglesias. 78.º en motos no seu tercer rali.

Para Lete Lasa, que os dous “chegaran á meta demostra a gran calidade e o gran momento que atravesa o motor en Galicia”, polo que asegurou que a Xunta seguirá apoiando a súa presenza nas probas máis importantes do mundo como é o caso do Dakar e como ocorre con Eduardo Iglesias grazas ao patrocinio recibido da Secretaría Xeral para o Deporte e de Galicia Calidade.

Neste sentido, o mandatario galego informou que a Xunta patrocinará ademais o curso de navegación off road con roadbook organizado pola empresa galega CleverCap Sistemas de Información e que será impartido por Diego Vallejo e Eduardo Iglesias. O curso celebrarase o 18 e 19 de marzo e dará a coñecer a nova navegación aplicada no Dakar, ademais de perfeccionamento e xestión en técnicas de navegación. Ademais, o domingo 20 dese mes terá lugar unha mesa redonda na que participarán pilotos de primeiro nivel mundial e na que compartirán as súas experiencias cos participantes do curso e o público asistente.

Oportunidade única. O sistema de navegación utilizado no Dakar é produto da empresa francesa ERTF pero o seu uso está restrinxido ao propio rali. O único xeito de adestrar con este modelo é a través do equipo Cap Road, creado pola empresa galega CleverCap, e que replica as funcionalidades do sistema orixinal francés. ecg

03 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.