Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de 200 inscritos no Trail e Andaina Ribeiras do Tambre nun só día

AMES Máis de 200 deportistas inscribíronse nas primeiras horas do prazo para o III Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que se desenvolverá polas paraxes do Concello de Ames o vindeiro 20 de febreiro.

Susana Señorís, concelleira de Deportes de Ames; Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo e director técnico da proba; e Álex Beiras, director deportivo do Real Aeroclub de Santiago, foron os encargados de presentar os detalles da cita nunha rolda de prensa onte no Salón de Plenos do Concello de Ames.

Logo dun parón dun ano por mor da pandemia, a proba retorna cun percorrido diferenciado para o trail e para a andaina, pero ambos coa saída establecida en Ponte Maceira e con chegada nas instalacións onde se sitúa o Real Aeroclub de Santiago.

A saída do trail será ás 10.00 horas, cun trazado de 15,2 quilómetros e un prezo por inscrito de once euros. A andaina partirá ás 10.05 con 14,2 km e sete euros por cada participante. As inscricións péchanse o día 16 en carreirasgalegas.com e en emesports.es.

Na presentación salientouse o fermoso trazado polo que transcorrerá a cita organizada por Concello de Ames e Federación Galega. ECG

09 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.