Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Marín acolle a primeira das cinco probas da Copa Galicia de ciclocrós

Baixo estritas medidas de seguridade, os 170 inscritos estrearán o protocolo da FGC

Marín. O ciclocrós galego volve coa disputa da Copa Galicia 2020 que bota a andar cun calendario de seis xornadas. A primeira celebrarase hoxe desde as 10.00 horas no circuíto marinense de Chan de Gagán con estritas medidas fronte a covid.

O XaxanCX, organizado polo Club Ciclista XSM, estreará con 170 inscritos a última actualización do protocolo elaborado pola Federación Galega. Os participantes deberán

presentar un resultado negativo nun test serolóxico ou proba similar realizada entre 24 e 72 horas antes da carreira. Unha vez que se acceda á burbulla o uso da máscara será obrigatorio durante os adestramentos e cada ciclista so poderá contar cunha persoa que exerza labores de auxiliar. Só se poden anotar nas citas do calendario galego corredores empadroados nesta comunidade.

As outras cinco xornadas da Copa terán como escenario Sanxenxo (28/11), Boiro (6/12), Santiago (8/12), O Porriño (19/12) e Maceda (20/12). Todas estas probas son de categoría 1.33.5, polo que reparten puntos para o ranquin da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). ecg

21 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.