Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Negreira celebrou a súa XI Gala do Deporte

Negreira. O Concello de Negreira celebrou a súa XI Gala do Deporte para recoñecer os éxitos de deportistas e clubes no pasado ano. O evento celebrouse no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira e contou coa presenza do alcalde de Negreira, Manuel Angel Leis Miguez; do deputado provincial de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro; ademais dos concelleiros e concelleiras de Negreira, varios alcaldes da comarca e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Pablo Sanmartín, entre outras autoridades. A lenda do Deportivo Fran González, ganador da Liga no ano 2000, de dúas Copas do Rei e tres Supercopas, apadriñou unha gala que recoñeceu a Samuel Lema (lanzamento de peso) como mellor deportista do ano 2022, mentres que o mellor club foi o Club Kárate o Coto. Os mellores deportistas promesa foron Uxío Trillo e Aitana Capeáns; á Cervexería O Cotón obtivo o galardón a Colaborador do Deporte; Abel Pérez e a Luis Zarco pola súa traxectoria, e houbo dous recoñecementos especiais para os finados Emilio Lira e Jesús Andrade. “Traballamos para converter Negreira en referente do panorama deportivo comarcal, provincial e rexional polo bo facer dos nosos deportistas, polo coidado que damos aos cativos e aos maiores en calquera das modalidades que practiquen, e por atraer competicións de primeiro nivel”, manifestou o alcalde. A.Couce

12 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito