Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Obradoiro 2022-2023 conta só con catro xogadores

Hobbs, Zurbriggen, Álex Suárez e Okouo, o póker dos que agora teñen contrato en vigor

O final da festa do Monbus Obradoiro, trala derrota sofrida no derradeiro partido ante o Valencia Basket, provocará o habitual escenario de tódalas postempadas nas oficinas do Multiusos Fontes do Sar. Superados os atrancos, celebrada a permanencia e desfrutada a última cea do curso 2021-2022 ao completo, toca poñerse mans á obra, que non é, nin máis nin menos, que coller o teléfono, redactar correos electrónicos, e analizar, durante horas, nomes e homes, cartos e postos.

Porque dos catorce xogadores que utilizou Moncho Fernández ao longo do curso, tan só quedan catro con contrato en vigor para a vindeira tempada.

O quinto, Marko Filipovity, mudou de aires nos últimos días de xaneiro. Tiña un ano a maiores no clube compostelán, pero chegou a un acordo coa entidade para rescindir o seu contrato e continuar a súa carreira no Afyon Belediye turco.

Unha das necesidades do corpo técnico é a de intentar conservar un base dun ano para o outro. Nos once anos que leva Moncho Fernández á fronte do equipo, nunca mudou a tódolos directores de xogo dunha tempada para a seguinte.

O baloncesto‘cuántico do Alquimista esixe e foi unha das posicións máis coidadas para afrontar o vindeiro curso 2022-2023.

Braydon Hobbs dispón dunha campaña de maís no seu contrato. A curiosidade radica en que non é habitual nos equipos de menor rango orzamentario da liga Endesa ACB que os xogadores con licenza de estranxeiro asinen máis dun ano. Cando as lesións respectarono, asinou grandes partidos.

Está na obriga de ser a extensión de Moncho Fernández sobre o parqué. O director de xogo de Indiana disputou 21:56 minutos de media nos 32 partidos que xogou. Asinou 7,2 puntos por encontro e 4,4 asistencias.

Foi o noveno da competición regular nese apartado, igualado con Andrew Albicy e Thomas Heurtel.

“Foi unha tempada con altos e baixos, e xogamos o noso mellor baloncesto ao remate”, expresou o xogador norteamericano, que sinalou sentirse a gusto en Santiago de Compostela.

“É un bo lugar e a miña familia está a desfrutalo”.

en Santiago despóis de ter sido o MVP na liga arxentina O outro base que ten asinada a súa continuidade, neste caso ata 2026, é unha aposta a longo prazo do Monbus Obradoiro. Trátase do italoarxentino Fernando Zurbriggen, que, aos seus 24 anos, afrontará o seu segundo curso no baloncesto español despóis de ter sido o MVP na liga arxentina.

Perdeuse os catro últimos compromisos do equipo compostelán despois de sofrer un golpe que lle produciu un edema óseo nas costas no encontro ante o Gran Canaria. Nos 28 xogos que disputou, firmou 4,8 puntos e 1,6 asistencias de media.

Os outros dous xogadores que contan con contrato activo son interiores, e dase a circunstancia de que contan con licenza de xogadores de formación local.

O menorquino Álex Suárez, que chegou o curso pasado ao conxunto santiagués, asinou a súa continuidade ata 2024 ao poco de comenzar o actual curso. É outra das pezas que, cando estivo ben físicamente, a súa presenza sobre o parqué foi en aumento. Nos 24 partidos nos que participou, conseguiu unha media de 4,5 puntos e tres rebotes por encontro.

O outro home coa súa continuidade asinada é o pívot Viny Okouo.

O xogador congoleño de 2,14 metros foi dos menos empregados por Moncho Fernández na rotación. Disputou 30 encontros, aínda que quedou en 9:20 minutos de media. Anotou 0,3 puntos por partido, incluída unha canastra decisiva, finta a Chima Moneke incluída, para acadar a vitoria na prórroga ante o BAXI Manresa. Ademais capturou 0,2 rexeites.

Estes catro son os xogadores que, por contrato, poderían continuar.

O Monbus Obradoiro xa ten os deberes feitos cando á liga aínda lle queda máis dun mes, de ser necesario, as eliminatorias polo título chegarían ata o 24 de xuño.

Entón comezará o habitual efecto dominó de fichaxes que configuará despois o Monbus Obradoiro da vindeira campaña 2022-2023.

badalona no 2023

··· · A Copa do Rey celebrarase en Badalona entre o 16 e o 19 de febreiro de 2023 tras o acordo alcanzado pola acb co Concello de Badalona. O acordo entre a ACB e o Concello de Badalona leva a Copa do Rey a unha dos berces do baloncesto español, unha cidade que respira baloncesto e impulsou a moitos xogadores e adestradores que foron protagonistas da historia da liga, segundo sinala a nota de prensa da liga Endesa ACB.

17 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito