Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os deportistas galegos de alto nivel acadan 92 novos recoñecementos

Santiago. O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución do 2 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia, árbitros, técnicos e deportistas recoñecidos vitalicios, así como as solicitudes desestimadas e a causa. En total son 92 os deportistas recoñecidos onde destaca unha maioría feminina do 56% (52 mulleres e 40 homes). Máis polo miúdo trátase de 70 deportistas de alto nivel, 6 de alto rendemento, 13 de rendemento deportivo de base, 1 técnico, 1 xuíz e 1 vitalicios. De todos os recoñecidos na última resolución, un total de 5 deportistas (3 mulleres e 2 homes) son deportistas con discapacidade.

Entre os novos recoñecementos de deportistas galegos de alto nivel nesta resolución destacan os dos tiradores Miguel Alvariño e Daniel Castro, así como dúas das mellores representantes do deporte adaptado galego: a esgrimista Judith Rodríguez e a atleta Desirée Vila. Ademais cómpre destacar que a paratriatleta, medalla de ouro en Toquío, Susana Rodríguez Gacio, acada a consideración de deportista galega de alto nivel vitalicia. Por outra banda, Roberto Antonio Naveira (Judo e Deportes Asociados) é novo técnico de alto nivel. XG

15 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.