Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Regresa a Carreira Popular de Negreira ca súa edición XLI

A competición, no posto catorce como mellor proba de 10.000 metros, volta tras dous anos de parón que foron provocados polo covid

Negreira acolle este sábado 13 de novembro a XLI Carreira Popular De Negreira, un clásico dentro das competicións de atletismo populares galegas que regresa tras celebrar a súa última edición no ano 2019, a raíz da pandemia que provocou o covid-19.

Para esta ocasión as carreiras partiran dende os 200 metros ata os 10.000 e cas seguintes categorias: Chupete (nados en 2017 e posteriores); Prebenxamíns (nados en 2015 e 2016); Benxamín (nados en 2013 e 2014); Alevín (nados en 2011 e 2012); Infantil (nados en 2009 e 2010); Cadete (nados en 2007 e 2008); Xuvenil (nados en 2005 e 2006); Xunior (nados en 2003 e 2004); Promesa (nados en 1999, 2001 e 2002); Senior (nados de 1988 ao 1999); Veteranos 35 (35 cumpridos o día da proba ata 39); Veteranos 40 (40 cumpridos o día da proba hasta 44); Veteranos 45 (45 cumpridos o día da proba ata 49); Veteranos 50 (50 cumpridos o día da proba ata 54); e Superveteranos (ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores).

Os últimos gañadores da carreira foron o galego Alejandro Fernández e a portuguesa Susana Godinho, ambos nos 10.000 metros. Nos 5.000 metros os vencedores resultaron ser Iván Abeledo e Nerea Lage.

Na actualidade a proba é unha das máis importantes de Galicia, con grandes premios e un altísimo nivel de participación. Despois de case 40 anos de historia a Carreira de Negreira segue sendo un referente das probas de atletismo popular.

Está considerada no posto 14 como mellor carreira de 10.000 metros de España, publicado no anuario de probas do circuito nacional, según o informe dos delegados técnicos da RFEA.

Inscripción. O prazo de inscrición de participantes na XLI Carreira Popular De Negreira abriuse o venres 9 de setembro ata ás 22:00 horas do mércores 9 de novembro. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba teñen que inscribirse en http://www.aclasicadenegreira.gal/.

Para participar na 1ª Carreira (De Cadete ata Superveteranos) 5.000 metros (Homologada) e a 2ª Carreira (De Xunior ata Superveteranos) 10.000 metros (Homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 10 euros por participante.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito