Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira abre o prazo de inscricións do Día da Bici

    Santa Uxía de Ribeira. O domingo 3 de xullo volve a Ribeira o Día da Bici despois de dous anos nos que non foi posible celebrar esta tradicional actividade por mor da pandemia. A iniciativa, organizada pola Concellería de Deportes, ten un carácter lúdico-recreativa e está aberta a persoas de todas as idades no ánimo de fomentar e reivindicar o uso da bicicleta. A cita arrancará ás 11 horas da Praza de España (haberá que confirmar a participación no punto de saída dende unha hora antes) para trazar un percorrido urbano que desembocará no mesmo punto en torno ás 12 do mediodía. O casco é obrigatorio.Unha vez rematado o percorrido, realizarase entre os participantes un sorteo de material relacionado con este medio de transporte de dúas rodas. As inscricións (de balde) están abertas dende esta mañá e rematarán o xoves 30 de xuño ás 12 h..

    Pódense formalizar na web www.ribeira.gal. Colaboran o club Os Saltamontes e as tendas de bicicletas, Sportbike e Quincena, ademais de Policía Local, Protección Civil e Asociación de Veciños de Carreira. REDACCIÓN

    23 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito