Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sae a entrega inicial das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’

A Xunta xa facilitou a clubes, federacións e técnicos a primeira destas publicacións

Santiago. A Xunta de Galicia xa conta co primeiro número das Guías DXT Galego Volvendo con sentidiño elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas para poñer á disposición de federacións, clubes, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, suliña a importancia deste documento porque garantir “a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”.

O primeiro manual que se pode consultar na páxina web do Deporte galego, versa sobre as Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista en busca da súa motivación progresiva para as esixencias da competición, un apartado no que houbo consenso entre o coordinador do proxecto, Rafael Martín Acero, e representantes das tres universidades galegas e da Universidad Rey Juan Carlos e de Castilla La Mancha.

Tamén cómpre subliñar a lección de Constantino Arce, da USC, sobre o Afrontamento da ansiedade e o estrés provocados pola covid-19, recuperación da motivación para a práctica deportiva; o documento dos profesores da UDC, Eliseo Iglesias, Eduardo Carballeira, Manuel Giráldez e José Luis Tuimil, Capacidade neuromuscular. Capacidade metabólica; e o estudio Primeiro recuperar e optimizar a habilidade técnico/táctica realizado por Miguel Fernández (U. Rey Juan Carlos), Javier Rico (USC) e Rafael Martín, Dan Río e Joaquín Gómez (UDC). redacción

30 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.