Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Samu: “Facíanos moita falta gañar”

O mediocentro do Compos destaca o valor dos puntos acadados contra o Leganés B // Lamenta as baixas que afectan o equipo desde Navidades

O mediocentro do Compostela Samu recoñece, tras a vitoria contra o Leganés B (1-0) que o equipo necesitaba gañar. O xogador con máis veteranía dentro do club, xunto con Saro, lamenta as baixas en forma de lesións, covid e sancións que afectaron o vestiario nas últimas semanas, pero foxe de empregalo como escusa.

Leganés B. “Facíanos moita falta gañar. O partido non era fácil porque vimos dunha xeira na que non estamos acostumados a estar tanto tempo sen gañar. As condicións meteorolóxicas tampouco axudaron, pero fixemos un bo partido, soubémolo manexar como queriamos, dándolle tranquilidade, circulacións rápidas e creo que tivemos ocasións para meter algún gol máis”.

Vento. “Condicionou bastante. Na primeira parte permitíalle ao Leganés ter a liña bastante alta, porque meterlle un balón ao espazo para arriba era moi difícil porque o balón quedábase. Na segunda parte pasounos a nós, puidemos subir as liñas porque era moi difícil que nos collera as costas cun balón en largo porque o balón freábase moitísimo, incluso nos golpeos do porteiro rival”.

Que faltaba? “Eu creo que nos estaba faltando meter esas ocasións que xerabamos, sobre todo o día do Palencia, que tivemos tres ou catro ocasións claras, ou contra o Móstoles, que na primeira parte estivemos moi ben e custounos ter esa fortuna de cara a gol. Esta vez tardamos en facer o primeiro gol, pero fomos quen de metelo e despois deixar a portería a cero, que tamén é importante”.

Parón. “Custa sobre todo o primeiro partido, que tocaba contra un Pontevedra que viña nunha dinámica moi boa. Despois vaste habituando. Eu non son de poñer escusas, pero si é certo que desde Navidades tivemos bastantes problemas de baixas: lesións, covid, sancións... e custa coller unha dinámica de ritmo de adestramento normal, con todos en boas condicións. Nós somos un equipo que mete moito ritmo e que nas segundas partes soe ser superior ao rival, e iso nas primeiras xornadas despois das Navidades custounos”.

PRÓXIMA SEMANA. “Xogar entre semana para plantillas como nós, que non estamos acostumados, nunca é bo”.

A nivel individual. “Este ano estoume encontrando moi ben, non estou tendo ningún problema físico. Eu trato de estar ben todos os días, adestrar o mellor posible, penso que así o estou facendo e por iso o míster está contando comigo, que participei en todos os partidos.”

Desde o banco. “Cando estou no banco estou analizando o que está pasando no campo para poder facelo o mellor posible cando entre para axudar o equipo. Eu sempre me considerei xogador de equipo, gustaríame xogar de inicio todos os partidos, pero cando entro nunca poño unha mala cara, porque me sae así, porque me considero un bo compañeiro e porque cando entro teño que igualar as condicións do partido para non fallarlles aos compañeiros”.

Renovación. “Non estou pensando niso. Seguramente dependerá do meu rendemento, e intentarei que sexa o máis alto posible para que Castiñeiras decida manterme no club, pero de momento non teño nin idea de cal é a súa intención”.

Bergantiños-Compostela
CITA NAS EIROAS

··· O Compostela visitará o Bergantiños este sábado nas Eiroas, nun encontro que dará comezo ás 19.00 horas. O choque sitúa cara a cara a dous equipos que foron quen de regresar ao camiño das vitorias na pasada xornada —os de Carballo ante o Pontevedra e a SD fronte ao Leganés B— e que se coñecen sobradamente.

··· “Son un rival e uns xogadores contra os que xa levamos anos enfrontándonos. A dificultade cada vez é maior, porque vanse reforzando cada vez máis. A base do ano pasado fai que xoguen practicamente de memoria. Veñen de gañar en Pasarón, estarán coa confianza altísima e será un partido moi complicado, seguro”, apunta o compostelanista Samu.

··· Para o encontro agárdase unha gran entrada, co desprazamento dun número importante de seareiros do Compostela. O prezo das entradas será de 15 euros.

15 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.