Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Samu: “Seguramente o Langreo sexa o último tren, unha final”

Admite el jugador de la SD que las opciones de jugar el próximo curso en 1.ª RFEF pasan por ganar el domingo // Volver a triunfar ante la afición, objetivo del plantel

No lo tiene fácil el Compostela para alcanzar el segundo objetivo que se ha planteado esta temporada: estar la siguiente en la Primera División RFEF. A cinco puntos ahora mismo de la segunda y última plaza de acceso a la categoría, el objetivo en una liga exprés estará poco menos que imposible si este domingo (17.00 horas) el Compos no le gana al Langreo. Samu, centrocampista de la SD, lo asumió ayer en rueda de prensa: “Si, seguramente sexa o último tren, porque se os rivais sacan máis distancia xa non habería marxe, ademais de que non imos enfrontarnos nin co Dépor nin co Ferrol, dous dos que están aí arriba. Seguramente sexa unha final”, dijo.

vero boquete. “Temos ganas de gañar na casa, levamos moito tempo sen gañar nela . Alomenos, darlle unha alegría á afección, que nestes partidos está animando e nótase moito, desde fóra tamén nas redes sociais. Pero os grandes partidos que fixemos en San Lázaro foron a porta pechada”.

EMPATES. “Está penalizando empatar tanto, sobre todo neste formato os empates case que son como derrotas, porque apenas sumas e máis se gañan os outros equipos. Estamos competindo ben, pero si está faltando esa pizca para conseguir os tres puntos, sumar de tres”.

LANGREO. “Hoxe (por ayer) é cando Yago normalmente empeza a darnos pinceladas, pero si que vin os partidos que xogaron contra Ferrol e Dépor, é un equipo duro e acaba de gañarlle ao Dépor, que iso sempre é un subidón de autoestima grande, e vai ser un partido complicado”.

claves. “A clave é que sexamos fieis ao que levamos sendo na casa durante toda a tempada e estar máis axustados na nosa área para non recibir goles, non encaixar é algo que sería un punto a favor nosa porque despois é raro que nós na casa e co que atacamos non consigamos un gol a favor. O problema que tivemos nos partidos de San Lázaro ultimamente foi encaixar pronto e despois ter que ir a remolque no marcador; iso é o que queremos cambiar, se o partido vai empatado ou con nós por diante sempre é mellor”.

FALTA GOL. “Se ves os partidos, creo que quizais somos o equipo que máis pisa área e máis ocasións temos. Non estamos todo o afortunados cara ao gol, pero tamén é certo que se xeramos é porque algo ben estamos facendo. Pero como di o míster, se para meter un hai que xerar dez ocasións, pois a xerar dez”.

COMPAÑERO. “A lesión non sei se truncou a miña gran tempada, seguramente empecei xogando polos méritos da pasada. A lesión non é escusa, despois volvín pero os que estaban xogando estaban moi ben. Hai momentos nos que hai que estar no banquiño, adestrar duro, competir e esperar unha oportunidade, a ver se a miña en Luanco (fue titular ante el Marino) gustoulle a Yago, non sei”.

malos números en CASA
SAN LÁZARO NO ES IGUAL EN SEGUNDA B QUE EN TERCERA

··· La estadística refleja la mala temporada que el Compos está realizando en el Vero Boquete de San Lázaro, otrora fortín: sólo dos victorias (Guijuelo y Coruxo), seis empates (Dépor, Pontevedra, Zamora, Unionistas, Racing y Salamanca) y dos derrotas (Celta B y Numancia) en diez partidos. “Non che sabería dicir as claves, a verdade, pero os outros equipos, Numancia ou Celta B están acostumados a xogar en campos como San Lázaro, e estes anos en Terceira San Lázaro era un campo moi diferenzal. En Segunda B, igual os espazos para nós eran fundamentais e agora o Celta B ao mellor é o que necesita. Pero non sabería dicir unha clave, quizás ir a remolque”, comenta Samu.

··· Lo que descarta es “unha falta de concentración. Pero vimos o vídeo das derrotas, e tanto Numancia e Celta marcan nas dúas primeiras chegadas, esa tamén é a diferenza entre Terceira e Segunda B”.

Desacuerdo con que haya un desgaste físico o mental en el equipo
“Quen nos vexa adestrar cada día non pensará iso, a xente está enchufada”, dice

Santiago. En las últimas semanas, tanto en el tramo final de la primera fase como en el inicio de la segunda, se ha incidido en un bajón del Compostela, bien por una cuestión física por el esfuerzo realizado para mantener el nivel competitivo, y con una plantilla corta, como mental. Samu no está muy de acuerdo: “Eu vexo ben ao equipo, a verdade é que o vin ben toda a tempada. Estou escoitando falar de temas de físico ou mental... no partido doutro día fronte o Numancia, o equipo fixo un gran partido pero o Numancia chegou dúas veces e marcou dous goles, é a diferenza entre uns equipos e outros, se os presupostos están aí é porque nas áreas son moi bos. Non creo que fixéramos malos partidos, ou que estemos mal fisicamente, só levamos vinte partidos, este ano é unha liga moi corta. A xente está con gañas, o que queremos é gañar dunha vez e espero que sexa agora”, dice.

RELAJACIÓN. Tampoco observa el centrocampista un problema de conformismo, al haber logrado el objetivo principal. “Eu creo que non, o que nos vexa adestrar non pensaría iso. Todos temos a máxima ilusión de meternos aí, unha vez que consegues a permanencia a ilusión é meterte entre os dous primeiros. O outro día contra o Numancia con 0-2 seguimos insistindo e insistindo, fronte o Marino o empate dábanos un pouco igual e queriamos ir polo partido, por iso houbo tanta ida e volta nos últimos minutos. Non creo que haxa conformismo e a xente está moi enchufada para acabar estes catro partidos”. A. PAIS

14 abr 2021 / 20:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.